Día nacional do celíaco
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjqJs8MruVKp4Gs161MwUtmuS07Ep9bHcaZVlqyWrPVJ5Cg9Is0o0NpO0bDm_9BfzJG4poH71gY9gtuh0UtndAhVQZ2LHLUkh4xRyiCjIX0Fhn1qrH0_AAjkEe3Mgpt9MqARZCwxGl4nN0o/s320/dia+nacional+celiaco.png)
E ti, ¿Sabes que é a enfermidade celíaca?
A enfermidade celíaca é unha intolerancia permanente ao glute, proteína que se atopa no trigo, centeo, cebada, avea, triticale, espelta e kamut.
A inxestión de gluten as persoas celíacas produce unha atrofia das vilosidades intestinais que leva consigo unha malabsorción dos nutrientes (proteínas, graxas, hidratos de carbono, sales minerais e vitaminas) e como consecuencia, desnutrición.
É a enfermidade crónica intestinal máis frecuente en España. Padécena tanto nenos/as como persoas adultas, xenéticamente predispostos. Esta patoloxía afecta aproximadamente ao 1% da poboación. Sen embargo, o 80% dos celíacos/as están sen diagnosticar.
Síntomas
Tratamento
Coa dieta sen glute conseguirase unha normalización clínica e funcional, así como a reparación das vilosidades. Esta reparación será permanente sempre e cando non se volva tomar glute. A inxestión de pequenas cantidades de glute de xeito continuado pode causar trastornos importantes e nada desexables. Cunha dieta sen glute, o celíaco manterá un estado saudable e desenvolverase con total normalidade.
Nunca debe retirarse o glute da dieta dunha persoa sen ter o diagnóstico definitivo.
Fonte orixinal: http://www.celiacosgalicia.es/web/gl/consejos