Disfruta do sol pero con precaución
Parece que este verán o sol quere convertir Galiza no Caribe do norte. Non deixes de disfrutalo pero non esquezas estas recomendacións:
- Bebe auga con frecuencia para evitar a deshidratación, entre 2 e 2,5 litros de auga ao día. Ademáis, unha pel ben hidratada tamén te coidará fronte os raios solares.
- Usa sempre protección solar cando fagas actividades ao aire libre. Lembra que tamén convén botala sempre que saias á rúa. As cremas cun nivel de protección alto son as únicas que te resgardarán dos raios máis perigosos. Aplícaas despois de cada baño ou cada 2 horas.
- Emprega parasoles, sombreiros, gorras, camisetas… cando te poñas directamente ao sol.
- Recorda buscar unha boa sombra entre as 12 e as 4 da tarde. Evita permanecer baixo o sol durante moito tempo.
- E non te esquezas dos ollos, é importante protexelos con gafas de sol.
Fonte: Asociación española contra el cáncer.