O teu sangue é vida. Compártea



O próximo mércores 31 de Agosto acude a doar sangue á unidade móbil que se situará en Ferrol diante do Concello, na praza de Armas.



O sangue non se pode fabricar

Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermedades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso, non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impoden doar e moitas as razón para facelo.
  • 15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas.
  • Non acudas sen almorzar e despois de xantar espera 2 horas.
  • Non esquezas traer a tarxeta de doante, DNI ou similar.
  • Se estás tomando ou tomas algún medicamento anota o nome nun papel ou leva o prospecto.
  • Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso.
  • Na doazón NON existe risco de contraer enfermedades transmisibles polo sangue.

Fonte: http://ctg.sergas.es/
Máis información: 900100828 

Entradas populares

¡Pica!