Ictus: A importancia de coñecer os sinais de alerta
Os accidentes cerebrovasculares ou ictus afectan cada ano en Galiza a 35.756 persoas. Trátase dunha enfermidade causada por unha disminución ou obstrución do fluxo sanguíneo no cerebro que pode resultar mortal ou ocasionar unha grave discapacidade.
A súa incidencia pode reducirse controlando os factores de risco, como a hipertensión, a diabetes, as enfermidades cardiovasculares, a dislipemia, a obesidade, o consumo de tabaco e o abuso de alchol, o sedentarismo e o estrés. Alén disto, é imprescindible recoñecer os sinais de alerta ou síntomas para poder actuar no menor tempo posible e reducir as secuelas e a mortalidade nas persoas afectadas.
Cales son os síntomas dun ictus?
Actuar a tempo pode salvar a vida dunha persoa afectada por un accidente cerebrovascular.
FALA: A persoa non é capaz de dicir correctamente palabras simples.
FORZA: Non pode elevar os 2 brazos á mesma altura durante 10 segundos.
FACIANA: Non é capaz de mostrar todos os dentes ao sorrir.
Que teño que facer ante estes síntomas?
Cando se identifican os síntomas dun ictus a intervención a tempo é fundamental para a recuperación. Non o dubides: chama ao 061 ou ao 112!
Aínda non o tes claro? Non deixes de ver este video: