Deixa o virus fóra da casa. Vacínate contra a gripe
Comeza a campaña de vacinación da gripe. Dende o día 23 de outubro ata o 29 de decembro podes vacinarte no teu centro de saúde.
Quen debe vacinarse?
Persoas con risco de complicacións
• Persoas de 60 ou máis anos.
• Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas, especialmente, residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos.
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.
• Nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico, pola posibilidade de desenvolver unha síndrome de Reye.
• Persoas menores de calquera idade con algunha das seguintes patoloxías que presentan un maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe: enfermidades do sistema cardiovascular, enfermidades respiratorias, enfermidades neurolóxicas, neuromusculares ou outros trastornos que dificulten a mobilización de secrecións ou aumenten o risco de aspiración, enfermidades metabólicas (inclúe diabetes mellitus), renais ou hepátcas, anemias, pacientes con cancro e inmunosupresión.
Persoas que poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións
• Todos os traballadores de centros sanitarios, estudantes en prácticas en centros sanitarios, persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de alto risco ou a persoas maiores e familiares e conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.
Tamén se recomenda a vacinación en:
• Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade: bombeiros, persoal de protección civil, emerxencias sanitarias, traballadores de institucións penitenciarias...
• Traballadores expostos directamente as aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e tamén ás aves silvestres.
Medidas de hixiene
A vacinación é a principal medida para evitar a enfermidade pero tamén podemos evitar o contaxio e a difusión do virus con boas medidas de hixiene.
Para calquera dúbida contacta coa túa farmacia.

- Lava as mans con frecuencia, é a principal medida para evitar o contaxio. As gotas que emitimos ao tusir, esbirrar e falar poden quedar nas mans onde o virus sobrevive uns minutos. Debemos lavar as mans con frecuencia con auga e xabón, como mínimo durante 40 segundos.
- As gotas tamén poden quedar depositadas sobre superficies (mobles, toradores de portas, obxetos) onde sobrevive de horas a días, polo que é importante limpalas con frecuencia.
- Tapa a boca ao tusir ou esbirrar.
- Evita tocar os ollos, nariz e boca, posibles vías de contaxio.
- Utilice panos de papel ou procura tusir e esbirrar contra a cara interna do cóbado.
- Evita saír de casa si tes a gripe ou utiliza unha mascariña cirúrxica. Evita o contacto estreito ocn outras persoas para evitar o risco de contaxio.