Cando a regra doe tantísimo...
Cando a regra doe tantísimo que non podes facer vida normal... Algo vai mal
A endometriose: a epidemia oculta
A endometriose é unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil - entre a primeira regra e a menopausa-. Tárdase de media 8 anos en diagnosticar. Coñécea mellor para enfrontarte a ela.
Que cousa é o endometrio?
É a membrana que recobre o interior do útero. Prepárase todos os meses para recibir un óvulo fecundado. Cando o embarazo non se produce, parte dela despréndese na menstruación e volve prepararse novamente.
Que é a endometriose?
É unha doenza na que o tecido endometrial medra anormalmente fóra do seu lugar habitual. É unha doenza crónica, inflamatoria e por veces invalidante.
Onde pode aparecer?
Realmente en calquera lugar do corpo aínda que os lugares máis habituais son o aparato reproductor feminino, a cavidae pélvica, o intestino, o aparato urinario...
Cales son os síntomas?
O síntoma máis habitual da endometriose é a dor incapacitante coa regra pero tamén ás veces dor ao orinar, defecar ou ter relacións sexuais e moitas veces diagnostícase pola dificultade para embarazarse.
Sempre aparecen todos os síntomas?
Non. Dependendo da zona do corpo que estea afectada pode aparecer un tipo de dor diferente e mesmo hai doentes asintomáticas.
Que fago se a regra me doe moito?
Desconfía cando che digan que a dor de regra é normal. Insiste. Se a dor da regra é bastante máis que unha molestia e che impide facer vida normal debes acudir á consulta. É importante que te revisen en xinecoloxía.
Por que é tan importante ir axiña?
Se tiveses endometriose debes comenzar cos tratamentos canto antes para frear o avance da doenza, que non se estenda máis no teu corpo e cause maiores danos. Tamén é importantepoñerlle remedio á dor. A dor non é normal e se non se trata pode converterse en crónica.
Máis información: https://querendo.eu/